Din que tanto tes, tanto vales.
Eu teño unha fenestra pola que xa non podo velo mar. Teño unha porta de entrada sen saída. Teño segunos, minutos, horas e días que pasan mentras agardo a que algo pase. Teño un camiño de 1300 kilómetros por recorrer. Teño unha casa que non é o meu fogar. E un fogar que xa non é a miña casa.
Pero tamén teño novos sitios por coñecer, novos amigos cos que medrar e unha nova vida por vivir. Teño novas oportunidades cada vez que desperto pola mañá. E novos soños cada vez que vou durmir.
Encántame,é maravilloso ser consciente das novas oportunidades diarias. Noraboa pola túa consciencia e a túa intelixencia.
ResponderEliminarBicos de Rosa.
¿E vacas?
ResponderEliminar¿Ti cantas vacas tes?